Comenza a estudiar danza os 8 anos. Dende entón tense formado en danza clásica e contemporánea en Galicia, Madrid, Bruselas e Barcelona. Titúlase pola Royal Academy of dance de Londres como bailarina e profesora de ballet.
É licenciada en Psicoloxía e titulada en psicodanza pola Fundación Maite de León de Madrid, tendo experiencia no ámbito que vincula danza e integración.
Traballa en Galicia en proxectos de artistas e compañías independentes, Sudhum teatro, Konic, non-ou, experimentadanza, Diciembre Dance Company...
En 2008 funda, xunto a Begoña Cuquejo, o colectivo artístico e compañia de danza, Traspediante. A compañía suma proxectos docentes - aulas de danza nas universidades de Santiago e Ourense- , comerciais - para a Xunta, flash mob da campaña “se paras na praia”- e escénicos -obras escenicas, danza in-situ...-
Traspediante gaña co seu primer proxecto escénico, “Habelas”, o Certame de Creación Injuve 2010 na sección de propostas escénicas. A seguinte obra, “Baleadas”, será unha peza infantil que está en proceso de traballo.
Outros traballos, “Soliloquio. Baila un vestido verde”, ten sido presentado na súa versión de rua no Festival dos Abrazos e na Mostra de teatro de Cee.
Dende Setembro de 2010 colabora con Paula Quintas no Centro Cultural da Deputación de Ourense na peza “10 gr por cada 180 ml de agua”. O proxecto establécese en periodos de residencia artística que conclúen coa presentación do traballo realizado en interaccion co espacio e as obras expostas.
Na actualidade, Marta cursa Master en Artes Escénicas na Universidade Rey Juan Carlos de Madrid e imparte clases de danza en diversos centros privados de Santiago de Compostela e na Universidade de Vigo no campus de Ourense. Ademais, ten sido seleccionada polo Centro Coreográfico Galego para formar parte do proxecto formativo europeo “Tour d'europe des compagnon choréographiques”, que estase a desenrolar en Centros Coreográficos de España, Francia, Polonia, Alemania e Irlanda.